CRAIG PATTERSON
TRANSLATION OF DOCUMENTS AND BOOKS
A translator with over 30 years experience in translating Spanish, Portuguese, Galician and French into English
HOW CAN I HELP YOU?
Translation
Accurate and natural translations, tailored to your audience and your needs.
Revision
Proofreading and polishing of texts to ensure accuracy, consistency, and style.
MTPE
Review and improvement of machine translations.
Son xa varios os libros e artigos académicos que Craig Patterson ten traducido ou corrixido para min. Non é doado atopar tradutores cualificados para ciencias sociais, pois non só se trata de domear o inglés, senón de coñecer a terminoloxía específica do noso eido. Craig é un profesional cualificado, intuitivo e subtil, cunha grande capacidade de diálogo e intercambio. É un luxo traballar con el.
Xosé M. Núñez SeixasCatedrático de Historia Contemporánea, USC
Dende Pérez-Lema Avogados e Consultores adoitamos contar cos servizos de tradución de Craig Patterson. E sempre ficamos satisfeitos do seu traballo e seguros dos termos nos que traduce as nosas demandas e escritos xudiciais e máis as probas periciais técnicas obxecto da súa tradución. Porque non só é experto no inglés xurídico, senón que coñece fondamente os rexistros lingüísticos técnicos (economía, arquitectura, mesmo enxeñaría civil) que precisamos traducir nos nosos documentos.
Pérez-Lema Avogados e Consultores
Tamén teño usado adoito, no eido particular, os servizos de Craig Patterson para manter correspondencia e enviar artigos de opinión. Neste eido é moi salientábel a grande cultura histórica, xeográfica, literaria e, en xeral, humanística de Dr. Patterson, que lle permite contextualizar calquera relato de feitos ou opinión e usar sempre das verbas acaídas.
Xoán Antón Pérez-LemaAvogado-Socio Director de Pérez-Lema Avogados e Consultores
Sei por experiencia do dificil que é facer traducións para obras audiovisuais. Craig Patterson fai traducións e correcións excelentes . Sabe captar a perfeción o que se quere dicir coas palabras e coas imaxes. Algo fundamental no noso mundo. Sabe utilizar a linguaxe propia do cine e o audiovisual. Sempre ofrece as mellores alternativas para que as traducións e adaptacións sexan mellores. A súa capacidade de constante diálogo faino ainda mellor.
Carlos AresGuionista-produtor
Para min, Craig realizou tres traballos moi distintos: un libro de poemas New York: Sky and Apple, unha guía de viaxes: Carnota: Sea, Land and Memory e unha novela: Sleepless Night. Poesía, guía turística, narrativa, tres xeitos moi diferentes de dicir, tres xeitos diferentes de empregar a lingua galega e inglesa. Sei, por experiencia, que o seu obxectivo cando se pon a traballar un texto e ser o máis fiel posible á literalidade, pero sobre todo, ao seu espírito.
Francisco Xosé Fernández NavalEscritor
Son xa varios os libros e artigos académicos que Craig Patterson ten traducido ou corrixido para min. Non é doado atopar tradutores cualificados para ciencias sociais, pois non só se trata de domear o inglés, senón de coñecer a terminoloxía específica do noso eido. Craig é un profesional cualificado, intuitivo e subtil, cunha grande capacidade de diálogo e intercambio. É un luxo traballar con el.
Carlos AresGuionista-produtor
Publicar o meu libro The Wrong Manager representou un reto persoal e profesional importante, sobre todo porque o inglés non é a miña lingua materna. Contar coa axuda de Craig resultou decisivo: fixo que todo o proceso fose máis sinxelo e, sobre todo, transmitiume tranquilidade e confianza. Grazas ao seu traballo, o texto adquiriu a naturalidade e precisión propias dun autor nativo, ata o punto de que, cando o entreguei á editorial, apenas houbo correccións de orde lingüística. O resultado final estivo plenamente á altura do que se espera nun libro de management internacional.
Marcelino Fernández MalloEconomista e escritor
He trabajado con Craig durante varios años en proyectos de traducción, especialmente en áreas legales y técnicas. Siempre ha entregado trabajos de alta calidad que han superado las expectativas de nuestros clientes. Es muy preciso y tiene una gran capacidad para entender y adaptar los textos de manera que suenen naturales y se ajusten perfectamente al contexto. Siempre ha respetado los plazos, incluso los más ajustados. Craig es una persona con la que es muy fácil trabajar y siempre mantiene una actitud positiva y profesional. Sin duda, es una excelente opción para cualquier proyecto de traducción.
María PérezProject Manager – Acolad South Europe
Eu tiven a fortuna de que accedese a traducir unha escolma de poesía da miña autoría (SER EN/TO BE IN. Artepoética Press, NY, USA. 2020). O primeiro que chamou a miña atención foi a súa exhaustividade á hora de achegarse á escrita orixinal en galego, o seu respecto e esmero pola interpretación do sentido e a procura do ritmo axeitado, o que acadou de maneira extraordinariamente eficaz. Xa que logo, a traducción resultou, ademais de fiel á esencia do libro, moi natural na lingua de destino. Síntome emocionada e agradecida pola xenerosidade do seu traballo e o seu precioso resultado. Sempre o recomendo.
Eva VeigaPoeta
ABOUT ME
I am a translator with over 30 years of experience translating documents and books from Spanish, Portuguese, Galician and French into English. I specialise in literary translation and also work in the academic, legal, medical, technical and cultural fields.
In addition, I offer proofreading and editing services for English texts, always with professionalism and commitment to deadlines.